Pérez-Barreiro Nolla, Fernando

Fernando Pérez-Barreiro Nolla (El Ferrol, 1931-Lancaster, 2010) foi un escritor e tradutor galego. Licenciouse en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela. Sumouse ao ambiente galeguista da capital galega, e grazas a estas relacións consegue un posto de traballo na emisión en galego da radio da BBC británica, onde compartirá espazo con Plácido Castro. Múdase entón a Londres en 1963 e alí traballará para os servizos exteriores da BBC ata 1969, onde empregou o pseudónimo Fernando Nolla.
Posteriormente incorporouse como tradutor á Organización Internacional do Café, onde traballou ata a súa xubilación en 1993 e onde seguiu colaborando durante varios anos con posterioridade. Nese tempo licénciase tamén en lingua e literatura chinesa pola universidade de Westminster, e realiza unha estadía en 1982 en Beixín.
Na década dos noventa exerceu como profesor universitario de tradución na universidade de Westminster e na universidade do Val do Támesis. A súa relación con Galicia mantívose a través das traducións do inglés ao galego e do seu labor como membro do consello asesor do IGADI. Tamén escribía con regularidade para publicacións galegas.

OBRAS DEL AUTOR

Estamos reestructurando nuestro catálogo. Puede que algunos títulos no se muestren

9788499143385 Amada liberdade
Aut.: Pérez-Barreiro Nolla, Fernando | Barro, Teresa
Ed.: Edicións Xerais 2013
ISBN: 9788499143385
20,20 €
RUST. glg

+
i
n
f
o
9788494596766 Poemas do Carricanto
Aut.: Pérez-Barreiro Nolla, Fernando
Ed.: Espiral Maior 2017
ISBN: 9788494596766
17,31 €
RUST. glg

+
i
n
f
o

Valid XHTML 1.0 Strict

SERVICIO EXCLUSIVO Y ESPECIALIZADO A BIBLIOTECAS
Puvill Libros, S.A. c/ Estany, 13, Nave D-1. 08038 Barcelona
Teléfono+34 932 988 960 Fax+34 932 988 961 e-mail info@puvill.com
Facebook facebook.com/Puvill.Libros
Google+ plus.google.com/+PuvillLibrosBarcelona