MURGUíA, O PATRIARCA : A BIOGRAFíA INéDITA DE 1953 |
|
|
AUTOR/-A:
|
|
EDITORIAL:
|
|
COLECCIÓN:
|
|
ISBN:
|
9788418567421
|
EDICIÓN:
|
1 |
DESCR. FÍSICA:
|
552 p. il. 20 cm |
FECHA PUBL.:
|
01-06-2023 |
IDIOMA:
|
|
|
28,37 €
Según respuesta del editor
|
|
Setenta anos despois da súa redacción, publicamos esta meticulosa biografía de Manuel Murguía, escrita por Lois Carré Alvarellos (A Coruña, 1898-1965) e conservada inédita ata hoxe nun mecanoscrito de 370 páxinas. Abarca desde o nacemento do historiador en 1833 ata o ano 1882, pouco antes do falecemento da súa esposa e colega, Rosalía de Castro. Malia que non puido rematar o seu traballo, a edición deste volume contribuirá de maneira decisiva á reconsideración da figura de Murguía, a quen por certo Lois Carré coñeceu e tratou persoalmente na súa infancia e adolescencia. As profesoras Esther García de Lucas e Olivia Rodríguez González destacan no Limiar (onde se incorporan numerosas fotografías descoñecidas do autor) a minuciosa bibliografía manexada por Lois Carré, nun texto que combina desde certas doses de novela histórica ata extensos apartados -con raíces no Positivismo científico- onde todo debía ser documentado. A publicación deste novo volume da Colección Rescate coincide coa conmemoración do centenario da morte de quen foi e é considerado o Patriarca das Letras Galegas. |
|
|
|