O ENCARGO DO SEñOR CASTELAO

O encargo do señor Castelao
 

AUTOR/-A: 

REI NúñEZ, LUíS

EDITORIAL: 

EDICIóNS XERAIS

COLECCIÓN: 

XERAIS NARRATIVA ; 396

ISBN: 

9788491210542

EDICIÓN: 

1

DESCR. FÍSICA: 

320 p. 22 cm

FECHA PUBL.: 

07-07-2016

IDIOMA: 

glg 
$ 19.50



Libro
Añadir al carrito
 
 
Castelao foi feliz en Pontevedra, a pequena capital de provincia á que chegou en 1916, cando era fundamentalmente artista. Dúas décadas despois, sendo xa sobre todo político e dirixindo a loita do galeguismo, o estoupido da guerra no verán de 1936 afástao de alí para sempre. Debe deixar atrás, canda recordos imborrables, o fillo que tivera que enterrar e o compañeiro Bóveda, fusilado ao pé dun piñeiro polos sublevados. A vida arrástrao daquela por metrópoles coma Nova York, Bos Aires, París e, de novo, Bos Aires. Son tempos que inclúen o seu paso por un ministerio sen carteira do Goberno da República no exilio e mais o reencontro casual con José Gómez Gayoso, o militante comunista ao que poderá recorrer cando a dor do fracaso o leve a facer un encargo que o desacouga: por que non vingar o martirio do seu mellor amigo da Pontevedra onde creron que os soños ían ser posibles?
Do peso na alma dos homes da historia colectiva e das incertezas morais dunha petición difícil nace a historia con que Rei Núñez regresa á novela de non ficción. Un título que agranda o territorio conquistado polas letras galegas. Unha regalía para os lectores
 
SERVICIO EXCLUSIVO Y ESPECIALIZADO A BIBLIOTECAS
Puvill Libros, S.A. c/ Estany, 13, Nave D-1. 08038 Barcelona
Teléfono+34 932 988 960 Fax+34 932 988 961 e-mail info@puvill.com
Facebook facebook.com/Puvill.Libros
Google+ plus.google.com/+PuvillLibrosBarcelona