O SON EN QUE CADA LINGUA SE SOLTA : LUíSA VILLALTA TRADUTORA, LUíSA VILLALTA TRADUCIDA

O son en que cada lingua se solta : Luísa Villalta tradutora, Luísa Villalta traducida
 

AUTOR/-A: 

ÁLVAREZ LUGRíS, ALBERTO (ed.)
ANDRéS, TAMARA (ed.)
LUNA ALONSO, ANA (ed.)

EDITORIAL: 

UNIVERSIDAD DE VIGO

ISBN: 

9788411880169

EDICIÓN: 

1

DESCR. FÍSICA: 

323 p. 24 cm

FECHA PUBL.: 

14-05-2024

IDIOMA: 

glg 
9,62 €

Disponible


Libro
Añadir al carrito
 
 
A tradución cara ao galego forma parte da historia da nosa literatura. Ao entrar en diálogo coa creación propia, os textos traducidos achegan novas formas estéticas, criterios, temas e valores que configuran o polisistema nacional. Coñecer que obras se traducen ou indagar nas que non se traducen ou quen leva a cabo a mediación permite analizar o campo literario dende unha perspectiva sincrónica e diacrónica. Luísa Villalta, autora celebrada no Día das Letras Galegas 2024, contribuíu a incorporar ao canon galego obras dramáticas fundamentais na historia da literatura teatral italiana como son o Manifesto por un novo teatro, de Pier Paolo Pasolini (Cadernos da Escola Dramática Galega, A Coruña, 1994) e A Mandrágora, de Niccolo Macchiavelli (Laiovento, Santiago de Compostela, 1998), esta última en colaboración con Francisco Pillado Mayor. Esta escolla, que conforma a primeira parte do volume, responde a un gusto persoal, tal e como se expresa nas reflexións e nas notas que xustifican as decisións adoptadas. Incluímos tamén aquí as versións en castelán dalgúns poemas de Manuel María, X. L. Méndez Ferrín, Uxío Novoneyra ou Pura Vázquez, que a Villalta tradutora procurou con vagar para dar a coñecer a produción literaria destas autorías no marco ibérico. Nunha segunda parte da monografía, e froito da convocatoria de traducións lanzada pola revista Viceversa, Revista galega de tradución, ofrecemos unha serie de textos de Villalta, en verso ou en prosa, traslados a varias linguas (alemán, castelán, francés, inglés, italiano e polaco), sempre acompañados da versión orixinal que mantemos na grafía da escritora. As propostas de tradución conteñen algúns peritextos (notas e comentarios) que achegan luz sobre os retos que supón versionar para outros espazos e linguas á autora da Cidade Alta.
 
SERVICIO EXCLUSIVO Y ESPECIALIZADO A BIBLIOTECAS
Puvill Libros, S.A. c/ Estany, 13, Nave D-1. 08038 Barcelona
Teléfono+34 932 988 960 Fax+34 932 988 961 e-mail info@puvill.com
Facebook facebook.com/Puvill.Libros
Google+ plus.google.com/+PuvillLibrosBarcelona