O VOLFRAMIO EN VARILONGO : SANTA COMBA DE XALLAS (1941-1963)

O volframio en Varilongo : Santa Comba de Xallas (1941-1963)
 

AUTOR/-A: 

BLANCO RAMOS, CARMEN

EDITORIAL: 

EDICIóNS XERAIS

COLECCIÓN: 

CRóNICA. MEMORIA

ISBN: 

9788499149912

EDICIÓN: 

1

DESCR. FÍSICA: 

152 p. 22 cm

FECHA PUBL.: 

14-04-2016

IDIOMA: 

glg 
$ 18.50



Libro
Añadir al carrito
 
 
O volframio, ese sorprendente ouro negro que tantas cobizas, fortunas e soños moveu nos anos da Segunda Guerra Mundial, é o protagonista desta maxistral monografía sociopolítica (e aínda máis) da escritora Carmen Blanco Ramos. Ela mora en Santa Comba de Xallas, ao pé das farturentas minas de Varilongo, e alí entrevistou a varias persoas que, dun xeito ou doutro, tiveron que ver co “mineral” que, no seu día, mudou na comarca, nos anos de esplendor, fortunas, costumes, actitudes... A febre e o gaño deste ouro negro mesmo suscitou versos ó xeito popular, como as “cantareas” recollidas nun capítulo deste libro.É o ouro que disputaban, felinamente, axentes dos nazis e axentes dos aliados para perfeccionaren as súas terribles armas de guerra. Disputas nas que, en ocasións, atopamos empresarios, traballadores ben pagos e veciños que andaban “á roubeta” perseguidos pola Garda Civil. Alá no fondo, movendo algúns dos fíos do negocio, xentes moi vinculadas a Franco, como o seu cuñado Ramón Serrano Suñer (ex-ministro), o capitalista Ildefonso Fierro ou o pai de Cristóbal Martínez Bordiu.Entre os que gañaron o pan nas minas de Varilongo está unha familia ilustre, honrada e castigada: os Liste (seis membros) da parroquia de Calo, con Eduardo Liste Forján á cabeza, irmán de Enrique Líster, o heroico capitán das milicias republicanas.Esta é a primeira monografía sobre o tecido sociopolítico do volframio galego, que tantas cobizas enfrontou e tantos hábitos mudou noutras partes de Galicia, desde as ricas minas de Silleda ós pequenos filóns de San Paio de Ventosela, nas terras de Ribadavia.Xesús Alonso Montero
 
SERVICIO EXCLUSIVO Y ESPECIALIZADO A BIBLIOTECAS
Puvill Libros, S.A. c/ Estany, 13, Nave D-1. 08038 Barcelona
Teléfono+34 932 988 960 Fax+34 932 988 961 e-mail info@puvill.com
Facebook facebook.com/Puvill.Libros
Google+ plus.google.com/+PuvillLibrosBarcelona