Toponimia de Agolada

Toponimia de Agolada


$ 20.00 Sin stock
Disponible bajo pedido

A toponimia reflicte a historia e o xeito en que a xente se instala e convive co territorio. A UNESCO declarouna patrimonio cultural inmaterial da humanidade que merece especial respecto e protección e hoxe está incluída nas leis do patrimonio de Galicia e de España. A toponimia galega é singular, non só porque nos define como pobo senón tamén porque a súa abundancia, variedade e antigüidade non encontra símil noutra parte do mundo.
Con esta colección, a Real Academia Galega e a Asociación Galega de Onomástica pretenden recompilar e estudar os nomes de lugar habitados e algúns dos principais accidentes xeográficos dos concellos de Galicia, dun xeito divulgativo e ameno para axudar a coñecérmonos algo máis como galegos. Saber cal é a motivación e o significado dos nomes dos sitios onde vivimos e de onde vimos, onde naceron os nosos devanceiros e que acollerán os nosos fillos, faranos máis conscientes da relación co noso pasado, de como se conformou a nosa sociedade, de como é a natureza en que habitamos, a súa fauna e as plantas. Significará identificármonos mellor como sociedade e como pobo.