Arame e fío
$ 14.50 Sense stock
Disponible sota comanda
LITERATURA > Literaturas romances > Gallego.  » Galicia » 2001-2100 - Segle XXI

En Arame e fío, Rochi Nóvoa tece un universo de palabras entre afiadas e sutís a través duns fíos de cores que unen tempos, voces e emocións, onde a tenrura e a forza entrelázanse coma puntadas nun tecido delicado e resistente ao mesmo tempo, a cabalo entre a urxencia e o perdurable. É unha viaxe pola identidade, pola memoria e polas feridas que nos constrúen. En cada mazacote, coa
súa cor vital e coa súa proposta activa, Nóvoa procura versos onde fía sentimentos profundos, empregando a lingua como un arame que sostén e une, pero tamén como unha ferramenta de resistencia e expresión, e como ela mesmo di, «coas mans cheas de vida e experiencia que protexen e coidan a terra»