Medina, Xacobe
Xacobe Medina Dacasa (Pontevedra, 2000). Dende neno mostra un grande interese pola música, o que o leva a estudar violÃn e viola no CMUS Manuel Quiroga e a entrar, aos 14 anos, como violinista titular da Orquesta de Niños Sinfónica de Galicia. Entre o 2015 e 2016 comeza a compoñer pequenas obras que son interpretadas polo coro Luis GarcÃa Limeses e a orquestra do Conservatorio de Pontevedra. No ano 2017 inÃciase na literatura escribindo obras como "La vida actual según los dioses", "Adral da filosofÃa", "Memorias dun profesor" ou "Lembranzas dun mestre subversivo" (Xerais, 2023). Tamén crea vÃdeos de divulgación humanÃstica na canle de YouTube Xaco Medina e, en 2022, licénciase en FilosofÃa na USC cun traballo fin de grao sobre a estética kantiana. Na actualidade cursa o Máster de filosofÃa da USC e prepara o seu TFM sobre o fenómeno estético-musical que significaron os Beatles.
- - Medina Dacasa, Xacobe