• New
A lei do mar

A lei do mar


$ 23.00 Out of stock
Available on request
LITERATURE > Romance literatures > Galician literature.  » Pontevedra » 2001-2100 - 21st century

«A lei do mar» narra unha historia real sucedida no Mediterráneo, un mar que é a patria dos que non teñen fogar, unha invernía salvaxe onde non chegan as leis dos homes. Manuel Esteban comparte con nós unha estremecedora historia de morte e de supervivencia, de solidariedade e de egoísmo. Unha historia sórdida impensable en terra firme pero cotiá alén de augas territoriais. Unha bengala de auxilio que estala nas conciencias como sal nas feridas. Este é o relato desacougante de seis mariñeiros que rescatan un grupo de persoas subsaharianas entre as que se atopan tres nenas obrigadas a vivir, mais tamén é o relato desesperado dun home peixe obrigado a esquecer para converterse en humano.