Os profesores de meteoroloxÃa das universidades españolas teñen un problema notorio en canto a materiais para a impartición da súa docencia. Por unha banda, hai grandes libros xa clásicos de meteoroloxÃa que poden ser utilizados nas aulas. Con todo, a escasa duración das materias de meteoroloxÃa, tÃpicamente un semestre, fai que estes libros clásicos non sexan adecuados. Doutra banda, existen numerosos libros de meteoroloxÃa de tipo divulgativo que, aÃnda que poden ser de interese para os nosos alumnos para introducirse na materia, son insuficientes para adquirir o nivel dos coñecementos xeralmente requiridos nas nosas universidades. O manual que aquà se presenta, "Fundamentos de MeteoroloxÃa en 180 preguntas", é o produto de anos de experiencia dos profesores de meteoroloxÃa da Universidade de Vigo. Redactouse co ánimo de xerar un documento docente que encha este oco entre as obras clásicas e as obras de divulgación no ensino da meteoroloxÃa. Por tanto, o seu interese reside no formato elixido, baseado en preguntas curtas que son respondidas con claridade e rigor. A orde das preguntas está tamén elixido coidadosamente, de maneira que as respostas son auto-consistentes. As preguntas cobren un amplo rango de ramas esenciais da meteoroloxÃa: sistema climático, estrutura e composición da atmosfera, a atmosfera media, radiación solar, balance enerxético, termodinámica da atmosfera, dinámica atmosférica, aerosois, microfÃsica de nubes e dinámica de nubes. Esta amplitude de contido garante que o lector obteña unha comprensión integral dos fenómenos atmosféricos.