Available on request
Esta obra quere contribuÃr a mobilizar un debate necesario na sociedade galega contemporánea: a integración social, lingüÃstica e cultural das mulleres inmigrantes.
As investigacións presentadas neste libro adoptan a perspectiva de xénero para procurar significacións novas e identificar novas subxectividades con relación aos movementos migratorios. O estudo das traxectorias migratorias das mulleres deriva na constatación das desigualdades que singularizan o feito de ser inmigrante, traballadora e muller. O obxectivo principal do volume é achegarse ás mulleres inmigrantes asentadas no noso paÃs, co fin e comprender as particularidades dos seus procesos de integración na sociedade galega, tendo en conta a súa bagaxe cultural e lingüÃstica de orixe. Este libro, de autorÃa colectiva, pretende ser unha contribución aos estudos sociolingüÃsticos da inmigración e de xénero, reunindo distintas especialistas no eido das migracións en Galicia.