Galicia ante todo
Neira de Mosquera, Antonio
Martínez González, Xurxo (ed.)
Alvarellos Editora / Consorcio de Santiago, 2017
(Rescate ; 23)
269 p. 20x13 cm.
9788416460212

Consultar disponibilidad en

O escritor e xornalista Antonio Neira de Mosquera é un dos grandes –e tamén esquecidos– protagonistas da primeira xeración de galeguistas, a que xurdiu na década dos anos corenta do século XIX: os chamados Provincialistas. O presente volume, titulado precisamente cunha das proclamas do autor —"Galicia ante todo"–, rescata vinte escritos de Neira de Mosquera, tanto xornalísticos coma literarios. Unha reveladora escolma onde se trazan as liñas básicas sobre as que se asentaría aquel movemento, a primeira xeración que loitou pola defensa e o rexurdimento de Galicia.
O filólogo Xurxo Martínez González, experto no XIX, é o responsable desta edición: ocupouse da selección dos textos e redacta un amplo e revelador estudo introdutorio que sitúa, no seu tempo, a figura clave de Neira de Mosquera. O prólogo asínao toda unha autoridade na materia, o historiador Xosé Ramón Barreiro Fernández.
"Ahora o nunca", exclama o noso protagonista nun dos artigos aquí recollidos, porque a defensa do país non podía agardar máis. Era o mes de abril de 1851.