María Victoria Moreno
Soto López, Isabel
Senín, Xavier
Edicións Xerais, 2018
(Crónica ; 157.Biografía)
160 p. 22x14 cm.
9788491213352

Consultar disponibilidad en

O presente volume relata a traxectoria biográfica de María Victoria Moreno, a autora homenaxeada co Día das Letras Galegas 2018, e percorre o seu labor pioneiro no arrinque e asentamento da literatura infantil e xuvenil. Nas súas obras introduciu valores universais e intemporais, ademais de amosar o seu talento para a creación de historias e personaxes aos que retrata poñéndose na súa pel, esculcando no seu interior e plasmando as súas inquedanzas ao se ter que enfrontar á madureza. Galega de feito e de corazón, falante comprometida dunha lingua aldraxada, escritora que elixiu orientar a súa carreira a se comunicar cos máis novos a través da docencia e a literatura, profesora feliz de selo, mestra de mestres, tradutora, libreira, ensaísta e conferenciante, sementadora de futuro que soñou un mundo mellor para os que veñen detrás... "María Victoria Moreno. Sementadora de futuro", de Isabel Soto e Xavier Senín, é o volume de referencia sobre a protagonista desta biografía, cuxo nome, obra e activismo merecen ser divulgados e recoñecidos.