Vocabulario galego-italiano das Belas Artes
Frutos Martínez, María-Consuelo de
Marchisio, Cristina
Universidade de Santiago de Compostela, 2017
155 p. 21x15 cm.
9788416954278

Consultar disponibilidad en

O número de turistas italianos en Galicia (e viceversa) vén incrementándose de xeito notable. Igualmente, cada vez son máis os alumnos italianos que cursan estudos de arte na Universidade de Santiago de Compostela. Moitos son tamén os graduados que van especializarse en calquera das ramas das belas artes a Italia, un país de referencia obrigada nesta disciplina e sinalado, ademais, como mercado xeográfico prioritario. A finalidade deste Vocabulario galego-italiano das belas artes. Arquitectura é potenciar o coñecemento da terminoloxía específica das belas artes, máis en concreto do eido da arquitectura, en galego e italiano e proporcionar, así, unha ferramenta útil para unha maior proxección do noso patrimonio artístico en Italia e na atención ao cliente italiano, contribuíndo a mellorar a calidade turística na nosa comunidade e a difundir a cultura galega.