Costas, Xosé Henrique
Xosé-Henrique Costas González (Mantelas-Freixeiro-Vigo, 1962). Licenciado en FiloloxÃa Hispánica (Galego-Portugués) e doutor en FiloloxÃa Galega pola USC, é profesor na Facultade de FiloloxÃa e Tradución da Universidade de Vigo, tras o seu paso como docente de Lingua Galega polos campus da Coruña, Pontevedra e Ourense. Foi tamén profesor e conferenciante invitado en diversos cursos e mestrados de universidades de Italia, Alemaña, Irlanda e Brasil. Na Universidade de Vigo desempeñou os cargos de director do Departamento de FiloloxÃa Galega e Latina; director da Ãrea de Normalización LingüÃstica (responsable das campañas de normalización Chámate con xeito, Busco amante galego falante e Europa é plurilingüe: quen sabe galego sabe máis) e, nos últimos anos, vicerreitor de Extensión Universitaria. Como investigador está especializado fundamentalmente nos eidos da dialectoloxÃa e da sociolingüÃstica. En dialectoloxÃa vén traballando nas falas do galego exterior (Eo-Navia, Bierzo e As Portelas), principalmente no chamado valego ou galego de Cáceres, sobre as que ten publicado unha trintena de artigos e edicións.
- - Costas González, Xosé Henrique