Disponible bajo pedido
ArqueoloxÃas de amor para a cidade nova é un libro que penetra na maquinaria do tempo e nos devolve directamente á axitación da chamada “década marabillosa†dos oitenta, cando aÃnda se sentÃa a represión do franquismo na carne pero tamén o impulso gozoso de deixar atrás a escuridade. É por eses anos, entre 1981 e 1982, que Francisco Salinas Portugal se traslada a ParÃs e comeza a elaborar estes versos de sonoridade voluptuosa, afastados das claves sociais pero claramente enfrontados á orde moral da ditadura.
O pansexualismo, tan vinculado á corrente contracultural que se vivÃa na época, permÃtelle ao autor tracexar o debuxo paixonal do corpo, adentrarse na vertixe contraditoria do desexo e describir unha impetuosa pulsión homoerótica. O libro estivo a punto de publicarse en varias ocasións pero sempre acabou arrombado nun estoxo. Corenta anos despois, recuperámolo en Chan da Pólvora como se fose o prodixio dun cofre que garda dentro –intacto mesmo na grafÃa– un tempo onde medo e pracer conviven na casa.
