- Nuevo
Disponible bajo pedido
En este son un cantar farei. Estudos sobre o universo das cantigas recolle once traballos que presentan aproximacións recentes ao estudo das cantigas medievais galego-portuguesas, e nomeadamente das pertencentes ao xénero de amigo. Focan aspectos tan fundamentais como as peculiaridades da transmisión manuscrita e codicolóxica das cantigas, a xenealoxÃa dos trobadores, a edición crÃtica dos textos, alén da revisión de proxectos en curso como Universo Cantigas ou de relecturas poéticas que se fixeron e fan do xénero de amigo nas poesÃas galega, portuguesa e brasileira contemporáneas.
Estes estudos son obra de doce especialistas procedentes dos ámbitos galego, portugués e italiano e pretenden contribuÃr a ampliar, desde o rigor filolóxico e tamén histórico, este campo de investigación, coa esperanza de abrir novos diálogos e percursos que engrandezan o xa vizoso ámbito do universo das cantigas galego-portuguesas.