Disponible bajo pedido
Un tempo futuro onde a baixa natalidade é unha preocupación global. Dúas mulleres e un home na sala de espera da ClÃnica Eva. Non se coñecen, pero ese encontro fortuÃto será o inicio dunha amizade xurdida da desesperación e da carraxe. Alma naceu no Norte porque seus pais, recrutados desde o continente africano, remataron traballando nunha das milleiros de granxas abandonadas que habÃa. Carla fixo o posible por salvar unha nai que xamais coñeceu e un pai que marchou demasiado cedo. An tivo que loitar desde ben pequeno contra as expectativas que o resto da xente deitaba sobre el. Estas tres vidas, e todas as que con elas arrastran, entretécense ata que as costuras non dan máis de si, rebentando de forma violenta e dando paso ao que realmente agochaban debaixo: vinganza. AntÃa Yáñez proponnos, a través da historia deste clan de subalternas, un antÃdoto cheo de furia e sororidade co que facer fronte á precariedade e á discriminación. A violencia nunca é a solución. Ata que o é.