• Nuevo
Os tres nomes da Sartegua

Os tres nomes da Sartegua


$ 26.00 Sin stock
Disponible bajo pedido
LITERATURA > Literaturas romances > Gallego.  » A Coruña » 2001-2100 - Siglo XXI

Elisardo criouse en Cadullo, unha parroquia do concello de Vimianzo ben coñecida por renderlle culto á Sartegua. Despois de anos afastado da vida no lugar, regresa para asistir a un enterro ao que non podía faltar. Desnortado tras un matrimonio esfarelado e cunha relación distante coa filla, decide arranxar a casa familiar e cambiar de vida, atraído polo que significa ser "un fillo da Santa, da Sartegua". Entre os ecos do que se agocha no río e nos montes de Cadullo, Elisardo e dous vellos amigos seus enfróntanse á culpa e aos segredos. Mais cando a cobiza e o medo entran na aldea, o mito da Santa deixa de ser só unha lenda para converterse nunha ameaza, e eles tres deberán decidir se encaran a verdade ou se deixan arrastrar pola corrente cara á liña que separa a realidade do mito. En "Os tres nomes da Sartegua" Alberto Mancebo constrúe un relato luminoso e tenro sobre a amizade, o desarraigamento e o poder da cultura rural e das tradicións. Unha historia profundamente humana que conmociona, interpela e permanece na memoria de quen a le.