Disponible bajo pedido
Despois da publicación do volume Castelao é noso, rescatamos desta volta Primeiro foi Galicia, unha nova serie de magnÃficos artigos –ou pequenos ensaios– de X. L. Méndez FerrÃn. Trátase, tamén, dunha reunión de textos que tiveran unha primeira vida como publicacións semanais no Faro de Vigo na célebre serie denominada No Fondo dos Espellos (que o gran autor mantivo activa entre 2007 e 2020) e unha segunda existencia, xa en formato de opera omnia, baixo a edición da Universidade de Vigo, en tres volumes saÃdos do prelo entre 2020 e 2022, nunha edición ao coidado do profesor e investigador Fernando Ramallo, catedrático de LingüÃstica Xeral da Universidade de Vigo.
Se ben na anterior ocasión FerrÃn centrábase na manipulación á que foi sometida a figura e o pensamento polÃticos de Daniel Castelao ao longo do século XX e XXI, agora son obxecto destas páxinas, por unha banda, as relacións históricas (e silencios) entre Galicia e Portugal, e viceversa, textos reunidos baixo o significativo epÃgrafe «Lonxe de nós e dentro: Portugal»; e un segundo apartado, titulado «Gallaecia suevica», no que o autor aborda a relevancia do estado que, no século V, ergueron na Gallaecia os suevos, con capital en Bracara Augusta, actual Braga. O primeiro reino da Europa despois da desaparición do Imperio romano.
Todos os textos foron revisados de novo polo autor, nunha edición que volve estar ao coidado de Fernando Ramallo.
Estamos convencidos de que este Primeiro foi Galicia pedÃa unha edición propia e nova. A súa calidade e orixinalidade, e o xeito en que estes textos axitan o noso pensamento crÃtico, ha seducir unha vez máis o público lector.
