- Nuevo
Disponible bajo pedido
O volume que aquà se presenta é un eco da Escolma posible realizada por Marino Dónega e publicada por Galaxia en 1964, ano en que a RAG dedicou o DÃa das Letras Galegas a Castelao, mais a que agora se publica incide no pensamento polÃtico do rianxeiro, que na primeira aparecÃa de xeito minguado e parcial, non seguindo o criterio do antólogo nin da editorial, debido ás limitacións impostas polo franquismo. Nesta cinguÃmonos a un único tÃtulo, Sempre en Galiza, un conxunto de textos de distinto carácter producidos en circunstancias diferentes e dirixidos a públicos diversos. Os elementos que dan unidade á obra son o fondo ideolóxico que a atravesa e a intención de informar da defensa do carácter nacional de Galicia e do seu dereito ao autogoberno. Sempre en Galiza é unha obra de lectura ardua nalgunhas partes para o público non especialista, pero que calquera galego ou galega cun mÃnimo de inquedanza cultural debe coñecer. Polo tanto, na presente escolma, realizada por Henrique Monteagudo, director da Cátedra Institucional Castelao da USC, procúrase ofrecer unha imaxe fiel da obra para achegala a un público amplo, facilitando a súa comprensión e alixeirándoa de contados redundantes, secundarios ou de interese menor.